lunes, 17 de febrero de 2014


Actividade Carta de presentación


A función da carta de presentación é chamar a atención, marcar a diferenza cos demais aspirantes ao posto e, en definitiva, conseguir unha entrevista persoal.

A carta de presentación pode chegar a ser tan importante como o curriculum, xa que, ainda que non nela non se mostran coñecementos e experiencia persoal, sí que quedan plasmadas as actitudes: reflexan o interés que ten o candidato pola empresa e o posto de traballo que solicita, a capacidade de comunicación e incluso deixa ver unha parte da túa personalidade

Existen dous tipos de cartas de presentación                   
      Carta de presentación con autocandidatura:
Nela, presentas a túa candidatura de forma espontánea. Quizás ten menos posibilidades de entrar nun proceso de selección inmediato, pero, dache máis liberdade á hora de presentarte á esa empresa e te permite ser máis creativo. Con ela, déixase claro que estás realmente interesado en traballar nesa empresa, independentemente de que busquen ou non un empregado nese concreto momento. Aquí tes algún consellos para redactar a túa carta.
       Carta de presentación en desposta a unha oferta de emprego:
Envíase á empresa para expresar a vontade de formar parte dun determinado proceso de selección que esa empresa abriu para un posto de traballo concreto. Esta carta difire nalgúns puntos da carta de presentación  con autocandidatura, xa que debe ser moito máis específica e estar enfocada na oferta en cuestión

Para escribir unha boa carta de presentación debes ser breve e sintético; destacar teus puntos forte e explicar porqué eres a persoa perfecto para ese posto de traballo.
Tamén debes ser orixinal e ordenado.
Dirixe a carta sempre a unha persoa en concreto e relacionaa coa empresa e o posto de traballo no que estés interesado.
Sé positivo, non postres negatividade nen desesperación por conseguir o posto. Enfoca a atención no interés pola empresa ou o proxecto.
Describe os teus coñecementos, logros e actitudes con confianza pero, non excesivamente.
Firma a carta e indica sempre a fecha na que foi escrita.
Envía sempre cartas orixinais, nunca fotocopias dun mesmo modelo.


No hay comentarios:

Publicar un comentario