Actividade Carta de
presentación
A función da carta de
presentación é chamar a atención, marcar a diferenza cos demais aspirantes ao
posto e, en definitiva, conseguir unha entrevista persoal.
A
carta de presentación pode chegar a ser tan importante como o curriculum, xa
que, ainda que non nela non se mostran coñecementos e experiencia persoal, sí
que quedan plasmadas as actitudes: reflexan o interés que ten o candidato pola
empresa e o posto de traballo que solicita, a capacidade de comunicación e
incluso deixa ver unha parte da túa personalidade
Existen dous tipos de cartas
de presentación
Carta de presentación con
autocandidatura:
Nela, presentas a túa
candidatura de forma espontánea. Quizás ten menos posibilidades de entrar nun
proceso de selección inmediato, pero, dache máis liberdade á hora de
presentarte á esa empresa e te permite ser máis creativo. Con
ela, déixase claro que estás realmente interesado en
traballar nesa empresa, independentemente de que busquen ou non un empregado
nese concreto momento. Aquí tes algún consellos para redactar a túa carta.
Carta de presentación en desposta a unha
oferta de emprego:
Envíase á
empresa para expresar a vontade de formar parte dun determinado proceso de
selección que esa empresa abriu para un posto de traballo concreto. Esta carta
difire nalgúns puntos da carta de presentación
con autocandidatura, xa que debe ser moito máis específica e estar
enfocada na oferta en cuestión
Para escribir
unha boa carta de presentación debes ser breve e sintético; destacar teus
puntos forte e explicar porqué eres a persoa perfecto para ese posto de
traballo.
Tamén debes ser
orixinal e ordenado.
Dirixe a carta
sempre a unha persoa en concreto e relacionaa coa empresa e o posto de traballo
no que estés interesado.
Sé positivo, non
postres negatividade nen desesperación por conseguir o posto. Enfoca a atención
no interés pola empresa ou o proxecto.
Describe os teus
coñecementos, logros e actitudes con confianza pero, non excesivamente.
Firma a carta e
indica sempre a fecha na que foi escrita.
Envía sempre
cartas orixinais, nunca fotocopias dun mesmo modelo.